PARTICIPA EN LECOSPOTTERS, MANDONOS TUS FOTOS, TUS NOTICIAS, TUS COMENTARIOS.... Spanair deja de volar... .....

7 ago 2010

Os veciños pediranlle ao xuíz que bloquee a expropiación en Alvedro


O proceso de expropiación de máis de 300 terreos iniciado polo Ministerio de Fomento para a ampliación do aeroporto de Alvedro, un proxecto aínda sen declaración de impacto ambiental, xerou onte reaccións encontradas. Mentres o alcalde da Coruña, Javier Losada, celebrou que é “a proba do algodón de que o alongamento da pista é “imparable”, o Concello de Culleredo ve a actuación “ilóxica” e “unha falta de respecto aos veciños”. Os afectados, unidos na plataforma Non á Ampliación, van máis alá e advirten de que o expediente incoado por Aena “é ilegal”. Aseguran que seguirán a vía xudicial para pedir “que se paralicen as expropiacións como medida cautelar”.
Así o adiantou onte a Xornal o avogado da agrupación, Xoán Antón Pérez Lema, que argumenta que “non está declarada a utilidade pública” da expropiación da zona de servizo que se amplía respecto á que delimitaba o Plan Director do aeroporto e tampouco os bens que figuraban neste documento están amparados por esa condición segundo a lei de expropiación forzosa, polo que se necesitaría antes a aprobación do proxecto de obra. “É unha vía indirecta para furar a paciencia dos afectados”, opina Pérez Lema, e engade que dado que “falta a avaliación ambiental, que precisa dos informes de preceptivos e vinculantes de Augas de Galicia e de Patrimonio” podería resultar que o proxecto variara de xeito que “en vez deses terreos se teñan que ocupar outros”. Por este motivo, a plataforma ten previsto presentar un recurso contencioso administrativo para reclamar a paralización das expropiacións como “medida cautelar” se non dá resultado a súa alegación ante Aena.
Tamén o Concello de Culleredo censurou onte o xeito de proceder de Aena. Nun comunicado, manifestaron o seu “profundo malestar” porque entenden que “non é lóxico nin prudente” publicar o listado de expropiados sen ter o visto e prace do Ministerio de Medio Ambiente para realizar a obra. Opinan que é “unha falta de respecto aos veciños”, que aínda non recibiron contestación ás 10.000 alegacións presentadas contra a ampliación da pista de voo en 400 metros.
O Concello de Culleredo adianta que axudaralles aos veciños a presentar alegacións para que o proceso “se axuste á legalidade”.
Informacion y foto: Xornal.com

No hay comentarios: